
![]()  | 
    ||||
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) é unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación, promovendo e participando en proxectos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos.  | 
    ||||
Dende 1999 CEMMA é, grazas a convenios coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, a institución responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, da xestión do banco de mostras destas especies, da recuperación de animais feridos e do estudo poboacional. Tamén participa na redacción dos plans de conservación das especies máis ameazadas para a administración autonómica e estatal.   | 
    ||||
De maio a setembro, acompáñanos nas nosas saídas de estudo de cetáceos  | 
      
       Cada ano aparecen varados na costa galega cetáceos, lobos mariños e tartarugas que necesitan da nosa axuda  | 
      
         A investigación como primeiro paso para coñecer as especies e as súas problemáticas e poder dalas a coñecer  | 
    ||
![]()  | 
      ||||
AVISA Tanto para notificar avistamentos de animais vivos como localización de animais varados en Galicia, podes chamar ao 686989008 ou 112  | 
      
       Porque é necesario coñecer a nosa natureza. Cursos, charlas e exposicións adaptados a tódolos niveis educativos  | 
      
         CEMMA é unha entidade declarada de Utilidade Pública e está incluída nas entidades beneficiarias de mecenazgo  | 
    ||
  | 
      
  | 
    |||
AVISO LEGAL (datos identificativos, propiedade intelectual, cookies, ...)
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License