CAMPAÑA DE EMBARQUES PARTICIPATIVOS PARA A MONITORIZACIÓN DE CETÁCEOS

Obxetivos das campañas
O obxetivo principal deste proxecto é incorporar información sobre a presenza e distribución dos cetáceos da plataforma de Galicia mediante a monitorización a través da realización de saídas en barco.

Participación e criterios
Calquera persoa, sen dificultades motoras, pode participar independentemente dos seus coñecementos sobre o mar, cetáceos ou campañas. Os menores de idade de 15-18 anos deberán vir acompañados, menores de 15 anos deberán consultar a participación pois por seguridade non é posible que embarquen en todos os barcos. Por seguridade, non poderán ser admitidos na actividade menores de 8 anos.
Asumiremos os criterios científicos do estudo, recibindo formación técnica mínima e información sobre educación ambiental mariña, en xeral, e sobre os mamíferos mariños en particular.

Como se organiza unha Campaña Marítima
A loxística das campañas marítimas é complexa. Primeiro precisamos unha bolsa de persoas interesadas, coma ti. Xa falamos cos barcos para solicitarlle datas que tes dispoñibles AQUI, polo que podes ver se che interesa e realizar a reserva. Posteriormente teremos que confirmar que haxa bo tempo no mar para poder saír.

Procuraremos saír con vento menor de 10 nós e mar de fondo con onda menor a 1 metro, condicións aptas para todos os públicos e as mellores para a observación de cetáceos. Saír da Ría noutras condicións supón pasalo mal e aumentar a posibilidade de non ver nada. É por iso que os embarques non se confirmarán ata as 48 h anteriores, pudendo ser anulado entre as 48 e as 24 h por mal tempo repentino. Sabemos que isto é unha dificultade para os que participedes dende máis lonxe.

Ves que é algo complexo..... Se non conseguimos ocupar todas as prazas tamén pode ser motivo para anular a saída.

Información sobre o CALENDARIO e PORTOS. ACCESO
Información sobre as RESERVAS, anulacións, metodoloxía e qué levar. ACCESO
MÁIS INFORMACIÓN sobre as campañas. ACCESO
Información sobre os BARCOS. ACCESO
 

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License