ATLAS DIXITAL OSTEOLÓXICO DE MAMÍFEROS MARIÑOS
 

Atlas Dixital Osteolóxico-ADO, TONIÑA (Phocoena phocoena) AQUI. No que colaboraron Alfredo López, María Becerra e Pablo Covelo. Contou coa colaboración co proxecto Phocoe-nando financiado por Caixabank.

 

Atlas Dixital Osteolóxico-ADO, GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis). AQUI. No que colaboraron Alfredo López, Ingrid Canales e Álex Navarro.

 

Atlas Dixital Osteolóxico-ADO, ARROAZ (Tursiops truncatus). AQUI. No que colaboraron Alfredo López e Ana López.

 

Atlas Dixital Osteolóxico-ADO, CACHALOTE ANANO (Kogia sima). No que colaboraron Alfredo López e Mónica González. AQUI.

 

CEMMA, en colaboración co CESAM da Universidade de Aveiro, pon en marcha o proxecto ATLAS DIXITAL OSTEOLÓXICO-ADO, que ten como obxectivo dispoñer dun amplo atlas documental osteolóxico (ADO) dixital e público dos mamíferos mariños. Este traballo está dirixido polo Dr. Alfredo López Fernández, investigador auxiliar do departamento de Bioloxía da Universidade de Aveiro/CESAM. Financiado por fondos nacionais da República Portuguesa a través da FCT – Fundação para a Ciência e a Tecnologia , I.P., no ámbito da execución do contrato-programa previsto nos números 4, 5 e 6 do art. 23.º do D.L. n.º 57/2016, de 29 de agosto, modificado pola Lei n.º 57/2017, de 19 de xullo.

No ano 2024 CEMMA recibiu unha axuda para o proxecto do Programa de axudas da Deputación da Coruña (DP0036) a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente. Expte. Nº 2023000044206. O obxectivo foi o de mellora técnica dos dispositivos de fotogrametría.

Pulsa sobre cada unha das figuras para navegar ao longo do seu esqueleto. INICIO ADO.

O material osteolóxico foi recollido contando coas autorizacións da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e está despositado e custodiado no Banco de Mostras Biolóxicas de CEMMA.

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License