VOLUNTARIADO |
Para a realización da maioría das actividades de CEMMA é necesaria a participación dos socios e socias e tamén de quen queira colabborar, a través do programa de voluntariado. CEMMA está inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. |
As actividades que se desenvolven son descontinuas, iso significa que desenvolvemos actividades cando é necesario, e poden ser: |
- Acompañamento das Unidades Móbiles na asistencia aos varamentos. |
- Seguemento das poboacións máis cercanas de cetáceos no programa de monitorización costeira ou marítima. |
- Axuda nos labores de atención aos animais en recuperación. |
- Colaborando nos labores de divulgación e formación. |
- Obradoiros específicos de osteoloxía, fotoid, limpezas submarinas, ... |
- Colaborando nos GTVC. |
Grupos de Traballo de Voluntariado de Cobertura-GTVC |
Os GTVC, da Rede de Varamentos de Galicia, se crearon para tratar de mellorar a coordinación d@s voluntari@s locais, existen GTVC en Ferrolterra, Barbanza-Carnota, Fisterra-Soneira-Bergantiños, Vigo-Sur e a Mariña de Lugo. Deste xeito creamos estes grupos de wassap con varias persoas locais. |
O obxectivo é tratar de recoller información mínima dos varamentos da zona mediante a aportación voluntaria de persoas de cercanía. |
O primeiro e fundamental, é que unha vez incorporados, se non desexades continuar na listaxe do grupo podedes indicalo en calquera momento e simplemente se vos retira. |
O funcionamento será que se informará dos varamentos na zona para saber se alguén pode acudir a recoller medida da lonxitude total, identificar a especie e o sexo. Se alguén pode ir que indique cando. Se non se pode ir simplemente que non se conteste. De volta indicarase quen pode ir e cando, por se algunha outra persoa quere acompañar. As persoas do GTVC poden acompañar ás Unidades Móbiles da CEMMA cando se despracen ao lugar. De principio non é necesario ter coñecementos previos, todo se adquire coa práctica. De todos xeitos podemos mandar información básica polo wasap. |
Ficha de voluntariado |
|
O que precisamos é que envies a ficha de voluntariado, en todos os casos, para quedar cuberto polo seguro de voluntariado en todas as accións. Unha vez completa remítela ao correo electrónico de voluntariado. Os datos persoais están suxeitos á protección de datos do voluntariado, baixo as cláusulas específicas (+info) |
Se necesitas máis información específica sobre voluntariado podes escribir correo electrónico de voluntariado (voluntariadocemma@gmail.com). |
Se precisas información para asociarte, podes visitar este enlace (+info). |
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License