ASOCIARSE |
As distintas accións que leva a cabo CEMMA son só posibles co teu apoio, grazas ao cal colaborarás no estudo e na conservación de especies ameazadas e na divulgación do noso patrimonio natural. Asociarse supón adquirir un compromiso coa entidade, participar na súa estrutura organizativa, aportar unha cantidade fixa economicamente e comprometerse coas actividades na medida que cada un poida. Cantos máis asociados teñamos máis independentes seremos. Podes coñecer os estatutos da CEMMA (+info). |
CEMMA é unha entidade declarada de Utilidade Pública, con data de 18 de outubro de 2010 (DOG 212, 4 de novembro 2010), en cumprimento do Real Decreto 1740/2003 relativo as asociacións de utilidade pública, e como tal inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións. Polo tanto é beneficiaria da actividade de mecenazgo, deste xeito as nosas socias e socios poden beneficiarse das ventaxas fiscais correspondentes, así como todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que efectúen doazóns segundo a lexislación vixente (Lei 49/2002). |
|
Podes escribir ao correo electrónico: cemmaorganizacion@gmail.com para máis información. |
Se en vez de asociarte buscas unha forma alternativa de colaborar, podes consultar outras opcións (+info). |
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License