| |
|
|
Dado que CEMMA é unha entidade modesta, vendo a gran demanda de peticións para facer prácticas universitarias ou traballos académicos con nós, e ante a imposibilidade de contestar de forma personalizada tal e como sería ideal, plantexamos esta convocatoria a onde poder dirixir a todas as persoas interesadas. |
|
Esta convocatoria é para solicitudes de prácticas a levar a cabo durante o ano 2027. |
O prazo de solicitudes pecharase o 30 de outubro de 2026 . |
|
|
Remitídevos ao formulario para cubrir os datos: FORMULARIO |
|
| Actualmente CEMMA ten convenios de colaboración para a realización de prácticas académicas diversas universidades. A participación de alumnado doutros centros, cos que non teña convenios, estará condicionada ás esixencias ou complexidade que supoñan os trámites desas Universidades. |
| |
| - Só haberá unha persoa de prácticas por quenda, non temos capacidade para atender a varias á vez. |
- O ano 2027 ábrese con moita incertidume debido á reducción de persoal da CEMMA por finalización de proxectos, polo que vaise ver limitada a participación de persoal de prácticas. |
- As prácticas enténdense como formativas curriculares para estudantado tituladou ou non titulado, e son non remuneradas. A realización das prácticas só poderá realizarse cando non conleven ningún gasto extra á asociación, máis alá dos gastos derivados de accións diarias (ex. gastos ou dietas de asistencia a varamentos) que si serán cubertos. |
- A persoa de prácticas ou que leve a cabo un traballoa académico (TFG ou TFM) deberá integrarse sempre que sexa posible no funcionamento diario da asociación e participar noutras actividades nas que sexa necesario aínda que non estén relacionadas especificamente co seu traballo. Non nos comprometemos a vincular prácticas con traballos académicos simultaneamente de xeito automático. |
- Tanto para a realización de prácticas como de traballos académicos, deberedes ter xa unha persoa do profesorado da vosa Universidade que sexa a persoa responsable, coa codirección de alguén de CEMMA. |
| |
| O 10 de novembro comunicaremos a resolución final e o programa de colaboracións académicas. |
|
|
| |
|
|
|