
FORMACIÓN E DIVULGACIÓN SOBRE ASISTENCIA E ESTUDO DE MAMÍFEROS MARIÑOS 2026 A CORUÑA |
||
CEMMA pon en marcha o proxecto de “Formación e divulgación sobre asistencia e estudo dos mamíferos mariños”, na súa edición 2026, en colaboración coa Deputación da Coruña, presentando dous proxectos a cadansúa convocatoria: investimentos e actividades. |
||
| No capítulo de ACTIVIDADES a través da convocatoria de axudas correspondentes ao programa DP0031: Programa de Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2026. | ||
O obxectivo principal do proxecto é o de aportar información, materiais e protocolos para o aumento de concienciación sobre a necesidade de conservación dos mamíferos mariños e outras especies mariñas ameazadas, así como para a asistencia e apoio aos animais varados. |
||
- Actividades marítimas: embarques participativos dende o porto de Cambados e Fisterra. (+INFO) |
||
| - Embarques de seguimento e fotoidentificación na costa da Coruña con Cruz Vermella. | ||
- Actividades litorais de simulacros, formación de voluntariado previstas: |
||
| 29 maio: Sabón, Arteixo. | ||
30 maio: P. Tasca, Corrubedo, Ribeira. |
||
| 26 de xuño, Praia de San Amaro. | ||
Web da Deputación da Coruña: https://www.dacoruna.gal/portada/ |
||
![]() |
||
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License