VARAMENTOS

Rede de Varamentos de Galicia

Pese a que o labor de CEMMA na atención e estudo dos mamíferos mariños en Galicia comenzou en 1990 (legalizada como organización en 1992), a Rede de Varamentos de Galicia empezou o seu funcionamento de maneira oficial en 1999, a partir dun Convenio entre a Xunta de Galicia, CEMMA e o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC). Na actualidade este Convenio segue vixente asinado entre a Xunta de Galicia e CEMMA.

Na actualidade a CEMMA ten unha UNIDADE MÓBIL de atención permanente aos animais varados, que ten a súa base en Nigrán (Pontevedra) e outra unidade de apoio con base en Ferrol. En todo caso, a labor levada a cabo conta coa colaboración inestimable de Protección Civil, Concellos, Policías Locais, Guardia Civil, Cruz Vermella e Policía Nacional.

Só no referente a mamíferos, nos dez primeiros anos de funcionamento (1999-2008), atendéronse 2.256 cetáceos (de 18 especies) e 58 pinnípedos (de 3 especies).

Se atopamos un animal varado

No caso de atopar un animal varado na costa, ben sexa vivo ou morto, deberemos notificalo o antes posible, chamando ao 686989008, ou ben a través do número de EMERXENCIAS - 112 (chamada gratuita)

Datos do ano 2011

Durante 2011 levan aparecido nas costas galegas máis de 60 cetáceos, pinnípedos, tartarugas e quenllas. Neste momento estase atendendo un lobo mariño cincento (Halichoerus grypus) nas instalacións de recuperación.

 

 
 
 
 

 

Varamentos