Inicio

Organización

Voluntariado

Recuperación

Investigación

Varamentos

Avistamentos

Bioacústica

Divulgación

Tenda

Contacto

 

facebook

 

 

 

VARAMENTOS

Coñécese como varamento o feito de que un animal mariño quede en seco na costa sen posibilidades de voltar ao mar polos seus propios medios. É un feito accidental que afecta a cetáceos, pinnípedos e tartarugas mariñas, e que ten moita relevancia en Galicia, onde está presente unha das comunidades de cetáceos máis importantes do litoral español, tendo rexistradas ata o momento un total de 22 especies e a onde chegan tamén ocasionalmente pinnípedos (5 especies) e tartarugas (5 especies) (listado de especies de Galicia).

Dado o elevado número de varamentos rexistrados durante a década dos noventa e as figuras de protección que teñen os cetáceos, en 1999 estableceuse un Convenio entre a Xunta de Galicia -autoridade competente- e CEMMA para crear a Rede de Varamentos de Galicia, que segue vixente 17 anos despois.

Na actualidade CEMMA ten dúas Unidades Móbiles de atención permanente aos animais varados, unha con base en Nigrán (Pontevedra) e outra con base en Ferrol (A Coruña). En todo caso, a labor levada a cabo conta coa colaboración inestimable de Protección Civil, Concellos, Policías Locais, Guardia Civil, Cruz Vermella e Gardería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Se atopamos un animal varado

No caso de atopar un animal varado na costa, ben sexa vivo ou morto, deberemos notificalo o antes posible, chamando ao 686989008, ou ben a través do número de EMERXENCIAS - 112 (chamada gratuita).

 

Neste enlace podedes ver un video da asistencia a un varamento de dous arroaces vivos na Illa de A Toxa en abril de 2016 (https://www.youtube.com/watch?v=xlM_5yvlaIY).