Inicio

Organización

Voluntariado

Recuperación

Investigación

Varamentos

Avistamentos

Bioacústica

Divulgación

Tenda

Contacto

 

facebook

 

 

 

 

MEGAPTERA, a nova Unimóbil

A CEMMA e a Confraría "A Anunciada" de Baiona levan a cabo un proxecto presentado á convocatoria de axudas Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, financiadas polo Fondo Europeo da Pesca.

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Ría de Vigo-A Guarda aprobou o proxecto de:

Mellora de medios e formación da Rede de Varamentos de Galicia

A través do mesmo ambas entidades colaboran para contribuír ao coñecemento das especies mariñas ameazadas, especialmente tartarugas e mamíferos mariños, formar aos usuarios do mar, e público en xeral, dos labores a desenvolver na asistencia aos animais varados e dotar de medios especializados á CEMMA para asistencia dos mesmos.

O proxecto que será desenvolvido en dúas fases consiste na adaptación dun furgón a ambulancia animal medicalizada, na edición e distribución de de cartelería e na realización de tres xornadas formativas. Este 2016 remata coa primeira fase de dotación do furgón e primeiros envíos do material divulgativo ás confrarías e centros educativos da zona GALP e do resto da provincia.