ENTIDADES COLABORADORAS

Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A.

Productos ecolóxicos "PAN DO MAR"

Renovado para o ano 2012 o convenio con Conservas Antonio Pérez-Lafuente, S.A. que fora asinado en 2011.

O pasado 25 de marzo de 2011 asinouse un convenio de colaboración entre a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e a empresa Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A., a través da súa liña de productos ecolóxicos "PAN DO MAR", para apoiar as labores de estudo e conservación das especies de mamíferos e tartarugas mariñas presentes en augas galegas.

Unidos polo obxectivo común da conservación do medio mariño, tratamos de contribuir á difusión das especies ameazadas, así como promover o uso dos recursos pesqueiros de maneira sostible. Mediante este convenio, a empresa Conservas Antonio Pérez Lafuente, S.A., comprométese a apoiar economicamente as actividades da CEMMA, e esta á súa vez aportará material audiovisual para a defusión nas actividades de promoción dos productos da empresa da súa liña de productos ecolóxicos "PAN DO MAR".

Nesta liña, a costeira do bonito no Atlántico presenta un grande interés porque se desenvolve sobre a ruta que marca o krill, que constitúe o principal alimento do bonito e doutras moitas especies. Por esta razón, os bancos de atunes vense acompañados na súa navegación por baleas e outros cetáceos asociados á costeira. Nesta pesquería, na que se utilizan métodos de pesca tradicionais e se faena con pequenas embarcacións, participa unha importante comunidade pesqueira local do noroeste peninsular.

WEB Conservas Antonio Pérez Lafuente - PAN DO MAR