ENTIDADES COLABORADORAS

CAS COSTA LUGO

CEMMA acaba de asinar un convenio de colaboración co Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo, unha escola de mergullo con base en Ribadeo, que ten o seu radio de acción ao longo de toda A Mariña de Lugo.

O CAS Costa de Lugo estivo colaborando coa CEMMA en varias das mostraxes sub que realizamos durante o verán, e o pasado mes de setembro organizou unha xornada ambiental en Ribadeo, na que realizamos un simulacro de asistencia a un golfiño varado vivo.

En breve, iremos anunciado novas actividades ambientais que levaremos a cabo en conxunto con esta escola de mergullo, toda elas centradas na conservación do medio mariño.

Agradecemos ao CAS Costa de Lugo a súa colaboración coa CEMMA e o seu apoio ao noso traballo. Estamos encantados de mergullarnos na vosa compaña!!

 

WEB CAS COSTA LUGO

FACEBOOK CAS COSTA LUGO