Inicio

Organización

Voluntariado

Recuperación

Investigación

Varamentos

Avistamentos

Bioacústica

Divulgación

Tenda

Contacto

 

facebook

 

 

 

ORGANIZACIÓN

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) é unha ONG galega con 24 anos de experiencia no estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación,, promovendo e participando en diferentes estudos e proxectos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos.

A asociación foi constituida legalmente en maio de 1992, aínda que viña traballando dende 1990 no ámbito do Museo Luis Igleisas de Historia Natural.

A CEMMA a constitúen socios colectivos (grupos ecoloxistas) e outros socios a título individual. En concreto os grupos que forman parte son ERVA de Vigo, Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) de A Guarda, Asociación Galega para a Defensa Ambiental de Galicia (ADEGA), HÁBITAT de A Coruña e o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES).

Dende 1999 CEMMA é, gracias a un convenio coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, a institución responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, a xestión do banco de mostras, a recuperación de animais feridos, o estudo poboacional e a redacción dos plans de xestión das especies máis ameazadas.

Dende febreiro de 2003 a CEMMA conta cun local social no concello de Nigrán (Pontevedra) dende onde centraliza as súas actividades, e que sirve como punto de encontro e celebración de exposicións, charlas,...

CEMMA é membro fundador da Sociedad Española de Cetáceos e membro da European Cetacean Society.

Declarada ASOCIACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA en 2010 (DOG nº 212, de 4 de novembro)