ACTIVIDADES AMBIENTAIS MARIÑAS NO CONCELLO DE NIGRÁN

Ponse en marcha este proxecto co obxecto de aumentar a sensibilidade ambiental social sobre o medio mariño e as especies mariñas ameazadas e protexidas no ámbito do concello de Nigrán (Pontevedra). Neste concello das Rías Baixas ten a súa sede CEMMA dende 2003, polo que é un proxecto de proximidade.

Os obxectivos principais do proxecto son:

- Dar a coñecer as potencialidades da contorna, sobre todo do litoral e medio mariño

- Aportar información e protocolos de actuación na asistencia aos animais mariños varados, a través de xornadas formativas e de simulacro de rescate.

-Poñer en valor ás especies mariñas protexidas estando algunhas delas ameazadas.

- Dar apoio ao resto das actividades da entidade.

- Dar a coñecer a toniña -especie de cetáceo catalogada en perigo de extinción en España- e o valor da súa conservación.

 
 
 

Para poder acadar os obxectivos impártense charlas e simulacros en centros educativos e praias do concello de Nigrán, nas que se presentaron as diferentes especies mariñas ameazadas e as súas características, así como os puntos máis importantes á hora de atendelas en caso de varamento.

 
 
 

Todas estas activdiades teñen unha importante presenza de voluntariado.

 
 

Actividades realizadas ao longo do ano 2023.

A finais do 2022 tivo lugar un acto de divulgación en Camos, onde se estreou o “Himno da Toniña”, baseado na cantiga popular miñorana “Sopla vento do norte”, e interpretado polo Coro de Música Tradicional de Peitieiros. Esta peza foi editada durante o 2023 e foi disposta para o seu disfrute ONLINE AQUÍ.

CEMMA dispón de material osteolóxico como elementos de estudo científico e didáctico. Para a súa obtención unha das actividades organizadas é a de recuperación osteolóxica, consistente no desenterramento e limpeza de esqueletos, así como a súa montaxe, clasificación e rexistro no banco biolóxico de mostras.

Por último, e dentro da principal actividade de CEMMA, a asistencia a varamentos e recuperación de fauna mariña ameazada dentro do concello de Nigrán. Cun total de 5 varamentos e nas praias de Nigrán e 10 animais en recuperación nas instalacións de CEMMA (un lobo mariño e 9 tartarugas).

 

 

Actividades realizadas ao longo do ano 2024.

Tiveron lugar 5 xornadas formativas da Rede de Varamentos. O público obxectivo era xeralista e complementariamente voluntariado ambiental, membros de Protección Civil ou Policía Local e a membros do sector produtivo mariño. Aportouse información sobre as especies así como os protocolos de actuación sobre os animais varados, realizando actividades de simulacro. Estimase unha participación activa de 150 persoas en todas as actividades.

Contouse cunha actividade de limpeza osteolóxica e un embarque na costa de Nigrán, contando coa participación activa de 20 persoas diferentes.

 

 
 

Dentro da principal actividade de CEMMA, a asistencia a varamentos e recuperación de fauna mariña ameazada dentro do concello de Nigrán, rexistráronse no 2024 un total de 706 animais varados, dos cales 614 foron cetáceos, 40 quenllas, 32 tartarugas, 6 lobos mariños e 14 lontras. Neste caso en Nigrán rexistráronse 9 casos de varamentos, 5 golfiños, 3 lontras e 1 quenlla. Tanto as lontras como a quenlla foron recollidas para as instalacións da CEMMA. Os golfiños atendéronse nas praias sendo posteriormente notificado ao concello para a súa retirada.

Un total de 10 tartarugas estiveron en recuperación nas instalacións da CEMMA en Nigrán: 4 en febreiro (CADRADO, UDRA, AFORTUNADA e BILI), 1 en marzo (GRANDE), 2 en xuño (JUANA e MALPICA), 1 en xullo (MATERIAL) e 2 en agosto (PORTELA NORTE e AMARO) que foron ingresadas na UCI. As 8 primeiras foron liberadas con éxito no verán; mentres que PORTELA NORTE e AMARO permanecen na UCI ata o 2025.

 

 

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License