INVESTIGACIÓN

Campañas Thunnus

No ano 2007 puxéronse en marcha as Campañas THUNNUS, para o estudo dos cetáceos asociados á costeira do bonito.

Gracias á colaboración e ao apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, os investigadores de CEMMA embarcan a bordo do "Irmáns García Nodal" e do "Sebastián de Ocampo", pertencentes ao Servicio de Gardacostas de Galicia, que acompañarán aos máis de 400 barcos que compoñen a frota boniteira para realizar labores de apoio e asistencia.

Estas campañas realízanse nas áreas de pesca do bonito (Azores, Golfo de Vizcaya e Gran Sol), entre os meses de xuño e agosto, e nelas recóllese unha importante información das especies oceánicas de cetáceos, principalmente balea común (Balaenoptera physalus), golfiño riscado (Stenella coeruleoalba) e cachalote (Physeter macrocephalus).

video con imaxes do 2008

CAMPAÑAS 2009

CAMPAÑAS 2010

entrevista na Radio Galega nunha campaña a bordo do barco (agosto 2010)

Artigo na revista MAR, novembro 2008

Artigo na revista QUERCUS, xaneiro 2009