INVESTIGACIÓN

Campañas Thunnus 2009

resumo da Segunda Campaña 2009

resumo da Terceira Campaña 2009

resumo da Cuarta Campaña 2009

RESUMO PRIMEIRA CAMPAÑA 2009

Rematou a primeira das campañas de estudo dos cetáceos da costeira do bonito 2009, a bordo do "Irmáns García Nodal". Coma nas outras Campañas Thunnus realizadas anteriormente, nesta ocasión tamén se recolleu unha importante e completa información cetolóxica, principalmente de grandes cetáceos.

Foron 17 días de marea, nos que a flota boniteira estivo pescando a 450 millas ao oeste das costas de Galicia. Unha vez máis, a especie predominante de cetáceos foi a balea común, pero as protagonistas, sen dúbida, foron as tartarugas mariñas. Rexistráronse dous avistamentos de tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea), e recolleuse do mar un exemplar xuvenil de tartaruga boba (Caretta caretta), que levaba mais de 1,5 kg de falsos percebes pegados ao caparazón e que se atopaba en malas condicións. O animal, bautizado pola tripulación co nome de “Bonita”, foi traído a terra e xa está a recibir os coidados e a atención necesaria para a súa recuperación na UCI de Animais Mariños da SGHN-Ferrol - CEMMA. Agardamos que se recupere axiña para poder devolvela ao mar o antes posible.

Queremos agradecer a tódolos membros da tripulación do barco do Servicio de Gardacostas da Consellería do Mar da Xunta de Galicia as súas atencións e o bo trato que lle deron tanto ao biólogo da CEMMA como á pequena tartaruguiña.