INVESTIGACIÓN

"LaCaixa a favor del mar"

De gran éxito pode calificarse a colaboración asinada entre CEMMA e a FUNDACIÓ LA CAIXA para o desenvolvemento do proxecto "La Caixa a favor del mar" en augas de Galicia estudando a comunidade de cetáceos destas augas. Deste programa é Director Científico Josep M. Alonso, e Coordinadora de Campaña María Llarena, membros do Servizo Veterinario de CEMMA.

Ao longo dos meses de xullo e agosto os observadores de CEMMA percorreron a plataforma continental galega facendo mostraxes a bordo do veleiro "IBERO", dende A Guarda ata Cedeira.

Ademáis do interés dos datos recollidos dos numerosos avistamentos realizados, exerceuse unha importante labor de formación, coa participación de ata 30 persoas, e se participou na liberación trala súa recuperación de dúas tartarugas bobas.