facebook
 

INVESTIGACIÓN

Bases para la Conservación y Gestión de las especies de cetáceos amenazadas en las aguas atlánticas y cantábricas

Con este proxecto fíxose nos anos 2006 e 2007 unha recopilación de información das áreas de interese para os cetáceos en todo o norte peninsular, a partir do coñecemento das especies presentes, a súa distribución, seu tamaño poboacional, movementos migratorios e a interacción destes animais coas actividades extractivas.

Para a realización do proxecto contouse coa colaboración das asociacións CEPESMA de Asturias, AMBAR de Euskadi, e a rede de observación de aves mariñas RAM. O proxecto conta co importante apoio económico da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Medio Ambiente.

As accións que se levaron a cabo para a consecución dos obxectivos incliron o seguemento dende puntos de observación en costa, a realización de embarques en augas litorais e en augas exteriores (Banco de Galicia, canón de Avilés, Cachucho, canón de Torrelavega e canón do CapBretón), a creación dunha base común de fotoidentificación de aletas que permita valorar movementos migratorios entre as distintas zonas do área de estudo e enquisas ao sector pesqueiro. Ademáis, editáronse materiais divulgativos e audiovisuais.

REDE DE OBSERVACIÓN COSTEIRA

Ao longo de toda a área de estudo creouse unha rede de puntos de observación costeira, repartidos uniformemente, nos cales fíxose unha mostraxe sistemática durante todos os meses de duración do proxecto, seguindo uns protocolos unificados, co fin de que a información obtida poida ser comparada. En total designáronse 25 puntos, 10 en Galicia, 5 en Asturias, 5 en Cantabria e 5 en Euskadi.

EMBARQUES ESPECÍFICOS

Co fin de completar a información obtida dende os puntos de observación costeira, e tendo en conta a distribución batimétrica que seguen moitas especies de cetáceos, foi indispensable nun estudio destas características facer campañas de monitorización a bordo de embarcacións, que nos permitiron ter un acceso máis completo ao medio no cal viven estes animais, intentando recoller datos que cubran completamente o rango de batimetrías, dende as augas litorais aos canóns e montañas submariñas da zona.

Distinguimos dous tipos de embarques:

-embarques litorais. En esta acción inclúense os embarques realizados en augas litorais, esto é, na plataforma continental dentro do área de estudo, na zona comprendida ata as 12 millas de distancia da costa.

-embarques en augas exteriores. Coa realización de embarques de altura inténtase ter en conta neste estudo as zonas de canóns e montañas submariñas. Así, faranse embarques en: canón CapBretón, canón de Avilés, canón de Torrelavega-Lastres, montaña submariña do Cachucho, montaña submariña do Banco de Galicia.

FOTOIDENTIFICACIÓN

A fotoidentificación a partir de marcas características é a técnica máis utilizada para individualizar animais dentro dunha poboación de cetáceos, sobre todo marcas na aleta dorsal. A utilización desta técnica permitiranos poder seguir no tiempo a un exemplar, coñecendo en qué áreas se move, con qué outros exemplares se relaciona, ...

O obxetivo desta parte do proxecto foi chegar a dispor dun catálogo común de fotografías de aletas de cetáceos entre as distintas zonas do área de estudo, de forma que se sumen esforzos e se poidan chegar a determinar posibles vías migratorias entre distintas poboacións.

INTERACCIÓN CON PESCA

A captura accidental é unha das principais causas de morte dos cetáceos en todo o mundo. A competencia natural por un recurso acaba por convertirse en moitas ocasións, debido á cada vez maior presión pesqueira, nunha causa de mortandade. En ocasións é posible determinar sen equívoco a causa da morte porque son os propios pescadores quenes traen o corpo a terra ou comunican o accidente. Pero moitas veces por descoñecemento ou medo estes feitos son silenciados, aparecendo os animais mortos nas praias, e sendo só posible a identificación dos indicios de captura cando realiza a necropsia correspondente un experto na materia.

Sería por tanto moi interesante poder chegar a coñecer o volume real de casos de mortandade provocados accidentalmente polas artes de pesca, e coñecer qué especies son as máis afectadas, non por afán persecutorio ou sancionador, senón polas posibilidades de poder afrontar o deseño de medidas correctoras que permitan evitar estos accidentes.

Para isto leváronse a cabo distintas accións:

-revisión de datos históricos a partir das redes de asistencia a varamentos.

-programa de enquisas a membros do sector pesqueiro para evaluar o seu coñecemento dos cetáceos e a incidencia das capturas accidentais.