facebook

 

 

INVESTIGACIÓN

Conservando o medio mariño

ESTUDOS DE BIOACÚSTICA MARIÑA EN GALICIA

Dende mediados do ano 2008 a CEMMA dou continuidade aos traballos de acústica co proxecto Conservando o Medio Mariño: Amigos do Século XXI subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, no que se dan os primeiros pasos para a elaboración do primeiro catálogo acústico do arroaz (Tursiops truncatus) en Galicia. O proxecto consta de tres partes ou fases: A primeira e a dotación técnica axeitada que pasou pola adquisición de novos aparatos de detección acústica pasiva: os C-POD, e máis un hidrófono de arrastre. A segunda fase, que se está a desenvolver dende o ano pasado, pasa pola colocación dos C-POD e T-POD, cos que a CEMMA xa contaba, en bateas das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo para a detección acústica das mandas de arroaces.

Finalmente, a terceira fase, consistirá na realización de transectos marítimos definidos co hidrófono de arrastre polas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, ao mesmo tempo que se fai fotoidentificación e gravación en video. E de grande importancia sinalar que a posta en funcionamento da embarcación “Tonina Uno”, foi o impulso definitivo para a realización deste traballo.