CEMMA

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) é unha entidade ambiental galega con vintecinco anos de experiencia no estudo e divulgación das tartarugas e mamíferos mariños de Galicia, a través dunha investigación rigorosa, promovendo ou participando en diferentes estudos e proxectos de investigación sobre as especies mariñas ameazadas con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos.


Dende 1999 CEMMA é, gracias a Convenios coa Xunta de Galicia, a única institución responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, a xestión do banco de mostras oficial, a recuperación de animais feridos, o estudo poboacional destas especies e a redacción dos plans de xestión das especies máis ameazadas.


CEMMA é membro fundador da Sociedad Española de Cetáceos e membro da European Cetacean Society

-
-