• Sin categorías
-
Páxina subvencionada por...

Esta aplicación web que nós demos en chamar "Ferramentas CEMMA" foi levada a cabo cunha subvención da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Plan Avanza.

 

Con data 20 de outubro de 2010 a secretaria xeral ditou resolución de concesión ao abeiro da Orde do 6 de xuño de 2010 pola que pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da  sociedade da Información no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (Procedemento administrativo PR521A)). Esta resolución inclúese na publicación do DOG de 19 de novembro no que se recolle a resolución do 12 de novembro de 2010, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, pola que se dispón a publicación da relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2010 para as entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza, procedemento administrativo PR521A.

 

Na resolución apróbase o compromiso de gasto de exercicio corrente polos importes indicados con cargo á aplicación orzamentaria 40.70.571-A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

 

No anexo da resolución recóllense os datos referidos ao proxecto presentado pola entidade CEMMA: APLICACIÓN MULTIMEDIA INFORMATIVA E FORMATIVA SOBRE AS ESPECIES MARIÑAS AMEAZADAS. Expte: 2010-14469, por un investimento subvencionable de 4565 € , relativo ao Deseño de textos e material gráfico, e unha cantidade subvencionable de 3423.75 €, o 75%, non sendo aceptado o concepto Deseño de aplicación multimedia para web por importe de 7254 €.

 

A finalidade da axuda é a creación de materiais formativos e educativos para amplo uso social, ben sexa a nivel educativo ou formativo do voluntariado.

 

 

logo Consellería Presidencia Xunta Galicia

 

 

logo FEDER

 

logo Plan Avanza

 

creative commons cemma

-
-