Proba xenérica

6. O emprego de técnicas de mostraxe acústica durante a realización das mostraxes cetolóxicas a bordo nos permite.

a) saber qué están decindo os golfiños.

b) cantarlle unha canción ás baleas.

c) rexistrar a presencia de animais que están moi lonxe ou sumergidos e que non podemos detectar a través da observación..

d) Emitir sons para asustar ós cetáceos e conseguir que abandonen a zona de estudio.

EA6.- Cales destes enunciados son correctos:


a) A educación ambiental evoluciona de forma paralela a idea de medio ambiente e a percepción que del se ten.


b) A idea de educación ambiental non abarca termos sociais como base, senón que se centra nos procesos biolóxicos do medio natural.


c) A educación ambiental non ten unha dimensión temporal de futuro respecto as súas actuacións.


d) A educación ambiental traballa sobre a idea de definir os problemas que afectan ao medio ambiente e lograr o seu recoñecemento social, deixando os procesos de resolución destes problemas a outras disciplinas.


EA4.- ¿Cales é a data mais relevantes na historia da educación ambiental?


a) Estocolmo 1972


b) Atenas 1896


c) Barcelona 1992


d) Río de Janeiro 2016


5. O equipamento básico dun observador de cetáceos para a realización de mostraxes cetolóxicas a bordo está composto por:

a) traxe de neopreno e aletas.

b) bañador, toalla e crema solar.

c) prismáticos, GPS e estadillos para a recollida de datos..

d) libros sobre a bioloxía dos cetáceos.

26. A principal diferenza entre os eritrocitos de mamíferos e os de réptiles, é que os de réptiles?

a) ... son máis grandes
b) ...posúen núcleo
c) ...teñen forma de estrela

d) ...transportan nitróxeno no canto de osíxeno

EA3.- ¿Cales son os compoñentes da educación ambiental?


a) Estudio físico-químico da realidade, avaliación de problemas técnicos, actuacións de enxeñeria na resolución da problemática concreta.


b) Descrición da problemática ambiental, xurídica dos problemas, potenciacion de sancións administrativas ou penais co fin de solucionar os danos ocasionados.


c) Avaliación dos efectos do impacto sobre a sociedade,estudo de iniciativas para a mellora da calidade de vida de colectivos afectados, intervención social.


d) Base de fundamentos ecoloxicos, concienciación conceptual da sociedade , investigación e avaliacion de problemas, capacidade de acción.


11. O momo, ou quenlla peregrina, Cetorhinus maximus, pertence aos seláceos, é dicir que son peixes con cartílago e sen.

a) aletas

b) ganas

c) óso

d) pelos

21. A extracción de sangue nos golfiños pode realizarse dos vasos:

a) Da aleta caudal
b) Da aleta dorsal
c) Das aletas pectorais
d) Todas as anteriores son correctas

27. A zona de elección para extraer sangue ás tartarugas mariñas é:

a) A zona inguinal, xunto ás aletas posteriores
b) En calquera das dúas aletas anteriores, na zona máis caudal
c) Directamente do corazón, a través do plastrón
d) A zona dorsal do pescozo


22. As primeiras actuacións a realizar cando chegamos ao lugar de varamento dun cetáceo son:

a) Buscar sombra, remollar continuamente ao animal e controlar a contorna (aglomeracións e berros)
b) Darlle para comer peixe ou papiña, e deixalo repousar ao sol
c) Acariñalo para que se tranquilice, sacalo da auga e mirarlle a cor das mucosas
d) Trasladalo de inmediato ao centro de recuperación máis próximo

Datos persoais

* Todos os campos son obrigatorios

-
-