Aquí podedes ver as embarcacións que utilizaremos en cada zona. Seredes acompañados por unha persoa coordinadora de CEMMA que dirixirá a actividade a bordo. O horario é orientativo e será confirmado a cada embarque.
OS BARCOS
 
Os embarques dende Cambados serán no CHASULA de Intramar, que conta con prazas para 8 participantes. Embarque entre as 9:00 e 10:00 h do porto de Tragove e terá 8 h de duración con saída polas inmediacións de Sálvora á plataforma, se as condicións ambientais o permiten, fronte á Ría de Arousa.
 
 

Os embarques dende Fisterra serán na neumática A MUNIS, que conta con prazas para 8 participantes. Encontro e charla introductoria ás 10:00 h no local de Buceo Finisterre. Embarque entre as 10:00-11:00 h do porto de Fisterra e terá 3 h de duración con saída pola Ría de Corcubión e inmediacións de Cabo Fisterra.

 

 

PÁXINA PRINCIPAL das campañas participativas. ACCESO
Información sobre o CALENDARIO e PORTOS. ACCESO
Información sobre as RESERVAS, anulacións, metodoloxía e qué levar. ACCESO
MÁIS INFORMACIÓN sobre as campañas. ACCESO

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License