DIVULGACIÓN

"CETÁCEOS. Guía de identificación"

Dentro das accións de divulgación que CEMMA leva a cabo para o proxecto LIFE+ INDEMARES, vense de publicar o libro "CETÁCEOS. GUÍA DE IDENTIFICACIÓN", que en 56 páxinas recolle información sobre a anatomía e bioloxía destes animais, e fichas específicas para as especies máis comúns na costa norte peninsular, con debuxos sobre as diferentes idades.

Editado en galego e castelán.

Exemplar gratuito (salvo gastos de envío contrareembolso ou recoller no noso local).

Podedes ver varias imaxes AQUI

Podedes escribir a cemma@arrakis.es, poñendo no asunto "Guía de cetáceos", para poder organizarnos mellor.