FORMACIÓN E DIVULGACIÓN SOBRE ASISTENCIA E ESTUDO DE MAMÍFEROS MARIÑOS 2025

A CORUÑA

 

CEMMA pon en marcha o proxecto de “Formación e divulgación sobre asistencia e estudo dos mamíferos mariños”, na súa edición 2025, en colaboración coa Deputación da Coruña, presentando dous proxectos a cadansúa convocatoria: investimentos e actividades.

No capítulo de INVESTIMENTOS a través da convocatoria de axudas correspondentes ao programa DP0036: Programa de Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2025.
 
 
 
 
 

O obxectivo principal do proxecto é o de aportar medios para asistencia e apoio aos animais varados e o estudio das súas poboacións na sede da CEMMA na provincia da Coruña e a diferentes agrupacións de Protección Civil e concellos da provincia, mediante a adquisición de dúas maquetas como apoio ás actividades de simulacros de rescate de cetáceos varados.


Diseñouse unha maqueta dunha toniña, Phocoena phocoena, de 198 cm de lonxitude, baseada nun exemplar varado en 2024 na praia de Baldaio, Carballo, A Coruña (Fotos 1 e 2). Así mesmo realizouse unha copia fiel dunha maqueta dun golfiño riscado, Stenella coeruleoalba, xa existente, de 167 cm de lonxitude coas modificacións axeitadas en base a un exemplar varado na praia de Areamaior, Louro, Muros, a principio de 2025 (Fotos 3 e 4). A técnica foi en resina de poliuretano e fibra de vidro con pintado externo realista que reflicta as especies mencionadas. A execución das pezas foi realizada pola empresa BABADIVA.

 
 
 

O arte final de ambas pezas permite dispoñer de dous elementos orixinais cos que acompañar as actividades de educación ambiental de un modo didáctico e formativo.

 

 
 
Web da Deputación da Coruña: https://www.dacoruna.gal/portada/

 

COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License