![]() |
FORMACIÓN E DIVULGACIÓN SOBRE ASISTENCIA E ESTUDO DE MAMÍFEROS MARIÑOS 2025 A CORUÑA |
||
CEMMA pon en marcha o proxecto de “Formación e divulgación sobre asistencia e estudo dos mamíferos mariños”, na súa edición 2025, en colaboración coa Deputación da Coruña, presentando dous proxectos a cadansúa convocatoria: investimentos e actividades. |
||
No capítulo de ACTIVIDADES a través da convocatoria de axudas correspondentes ao programa DP0031: Programa de Axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2025. | ||
![]() |
![]() |
|
O obxectivo principal do proxecto é o de aportar información, materiais e protocolos para o aumento de concienciación sobre a necesidade de conservación dos mamíferos mariños e outras especies mariñas ameazadas, así como para a asistencia e apoio aos animais varados. |
||
![]() |
![]() |
|
- Actividades marítimas: realizáronse 15 embarques participativos dende o porto de Muros e Fisterra; o número de participantes total foi de 103 persoas. Ademáis leváronse a cabo 3 saídas para o estudo de fotoidentificación de arroaces dende A Coruña, cun pequeno grupo de participantes polos requirimentos da actividade, participando 5 persoas. As imaxes de cetáceos foron obtidas con autorización do MITECO para observación de cetáceos con fins científicos SGBTM/BDM/AUTSPP/20/2025. |
||
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|
Embarques de seguimento e fotoidentificación na costa da Coruña con Cruz Vermella. | ||
![]() |
![]() |
|
Embarques participativos en Muros. | ||
![]() |
![]() |
|
Embarques participativos en Fisterra. | ||
- Actividades litorais de formación de voluntariado: Realizáronse actividades en Cedeira, Noia, A Coruña e Muros, sendo a participación finalmente dun total de 158 persoas en todas as xornadas. |
||
![]() |
![]() |
|
Divulgación e simulacros na praia de San Amaro, A Coruña e Praia da Magdalena, Cedeira. | ||
![]() |
![]() |
|
Divulgación e simulacros na praia do castelo, Muros e Praia de Boa en Noia. | ||
Web da Deputación da Coruña: https://www.dacoruna.gal/portada/ |
||
![]() |
COMPLETE WEB by CEMMA is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License